A Xunta mantén unha xuntanza coa Delegación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local para coordinar o proceso de vacinación masiva que dará comezo mañá nas sete grandes cidades
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, solicitaron a máxima coordinación entre as Administracións e os corpos de seguridade para que todo discorra coa maior fluidez e rapidez Os representantes autonómicos avanzaron que se prevé a chegada dun número importante de vacinas polo que mañá haberá un …